O IES Celanova no MUPEGA
Un bo número de rapaces e rapazas da ESO do instituto ourensán visitou ás nosas instalacións na tarde do día 2 de febreiro, seguindo atentamente as indicacións da asesora Beatriz Seco. Completaron así un día de excursións e visitas culturais a Compostela. Quedaron encantados coas reproducións da escola antiga e apreciaron os moitos enseres escolares procedentes da súa provincia.

Aquí vemos os estudantes celanoveses posando moi contentos cos seus profesores antes de retornar a súa terra. A xulgar polas súas facianas pasarono moi ben no MUPEGA.