O alumnado de Primaria do centro Santa Apolonia visitan por primeira vez o MUPEG
Un animado e divertido grupo de nenos e nenas do centro compostelán disfrutaron da súa primeira estadía no noso museo, sobre todo no apartado relativo aos xogos e xoguetes tradicionais.

Aquí vemos ao grupo sentado na que chamamos a "curva dos xoguetes" e que ben podía chamarse curva da felicidade polo ben que nela o pasan os máis miúdos, observando a evolución dos enredos dende o tempo dos seus avós ata a pizarra dixital máis do seu tempo.