Alumnado de ESO e Bacharelato de Pontedeume no MUPEGA
Un amplo número de alumnos e alumnas do IES Fragas do Eume da vila dos Andrade visitou as instalacións do noso museo e seguiu con atención as explicacións do noso asesor Antonio Cepeda.

Aquí posan satisfeitos do seu percorrido polo museo, xusto no vestíbulo antes de regresar a súa localidade.