Estudantes do Máster de Ciencias da Familia da USC visitan o MUPEGA
Estudantes do Máster de Ciencias da Familia da USC visitan o MUPEGA
Unha cincuentena de estudantes de diversa idade e procedentes de varios paises do continente sudamericano visitaron o noso museo, dentro do seu programa de formación do seu Máster que dirixe o profesor Agustín Dosil da USC.

Foi unha xornada de aproveitamento mutuo, por canto eles nos foron trasladando as súas vivencias educativas, o seu nomenclator escolar, as súas tradicións infantís e escolares e nós tratamos de presentarlles a evolución da escola en Galicia a través dos distintos espazos museográficos deseñados a tal efecto.


Trasladamoslle desde aquí os nosos parabéns e desexamoslle unha carreira plena de éxitos profesionais nos seus paises de orixe, e agardamos unha nova promoción coa que nos agasalla o profesor Dosil.