Alumnado  do IES Carlos Casares de Viana do Bolo  no Mupega
Despois de superar o seu sonado Entroido un animado grupo de estudantes vianases pasou polo Mupega. O cansanzo pola viaxe e pola acumulación de actividades fixo que a súa estadía no museo resultara curta no tempo pero intensa nos contidos.

Aquí vémolos nun alto no percorrido na zona das escolas de indianos. Agardamos velos axiña por aquí con máis tempo e enerxías.