O IES Portobello de Ourense no MUPEGA
Un animado grupo de futuras e futuros educadores infantís, visitou onte as nosas instalacións, repasando os fitos máis sobranceiros da historia da educación en Galicia a través da contemplación das nosas aulas históricas.

Aquí vemos ao grupo unha vez rematada a visita que  foi guiada polo asesor do Mupega, Antonio Cepeda, expresando ás claras a súa satisfación por tan feliz e interesante descubrimento.


Coidamos que os futuros docentes terán en conta o aprendido nesta visita didáctica e saberán aplicalo nos seus estudos e traballos.