A Universidade Senior da Coruña visita o MUPEGA
Un animado e numeroso grupo de estudantes da Universidade Senior da Universidade da Coruña, co seu profesor D. Gerardo Hernández e, dentro do seu programa de actividades formativas de interese cultural, realizaron no día de hoxe un achegamento ao Camiño Francés e logo, durante a tarde compartiron connosco unha completa e amena visita didáctica ao MUPEGA.

Nesta imaxe posan diante do museo, unha vez rematada a visita e con evidentes xestos de satisfación polo descubrimento do museo e pola completa xornada medio deportiva e medio cultural. Despois de manifestar o seu sentir no noso libro de visitas, prometeron volver noutra ocasión para completar o seu achádego.