Grupo de maiores de Paderne
Outro grupo de maiores de Paderne
Máis dun cento de persoas maiores do centro residencial de Paderne (A Coruña), visitaron o noso museo nunha actividade programada para conmemorar o cuarto ano de funcionamento do seu centro. A visita guiada polo asesor Antonio Cepeda, resultou un éxito de animación e participación.

Os maiores de Paderne disfrutaron coas lembranzas da súa infancia a través da contemplación emocionada dos  vellos pupitres e da colección de xoguetes tradicionais existentes no MUPEGA.


Unha vez rematada a súa visita, que se realizou en dúas quendas, vémolos na instantánea fotográfica expresando o seu mellor estado de ánimo.