Alumnado de 4º de Psicopedagoxía do Campus de Ourense visita o MUPEGA
Un simpático grupo de alumnas e alumnos da Universidade de Vigo- Campus de Ourense- coa súa profesora Silvana Longueira ao fronte visitaron o noso museo e a través da súa colección permanente contrastaron os seus amplos coñecementos de historia da educación.

Na imaxe podemos observar ao grupo manifestando a súa satisfación pola visita realizada. O asesor Emilio Castro desexoulles moitos éxitos nos seus estudos e na súa futura vida laboral.