Alumnado de 3º e 4º de ESO do IES nº 1 do concello da Estrada no MUPEGA
Unha ampla representación dos estudantes do IES nº 1 da Estrada visitaron esta mañá o MUPEGA, percorrendo as distintas instalacións do mesmo e levando unha idea global de cómo foi cambiando a educación en Galicia.

Aquí vemos ao numeroso grupo cos seus profesores inmortalizados na instantánea fotográfica tomada no vestíbulo do museo, diante de varias pezas senlleiras da colección museística do Mupega.