IES Manuel García Barros da Estrada no MUPEGA
Un animado grupo de estudantes de 2º de ESO do instituto estradense visitou por primeira vez o noso museo aproveitando a súa estadía en Compostela. Acompañados polos seus profesores realizaron unha proveitosa e amena visita didáctica guiada polo asesor do MUPEGA, D. Antonio Cepeda.

Aquí vemos ao grupo estradense ás portas do museo e unha vez rematada a súa visita, con semblantes alegres pola proximidade do seu regreso a seu pobo.


Agardamos volver a velos por este museo e aproveitamos para convidar a facer o mesmo a outros colegas que quedaron no centro.