Residentes de Geriatros no MUPEGA
Uns trinta maiores das residencias que Geriatros ten en Lalín, Santiago, Ribeira e Ribadumia, percorreron con alegría e nostalxia as vellas aulas do MUPEGA lembrando aqueles anos mozos nas súas respectivas escolas.

Aquí vemos a un grupo deles inmortalizados na escola dos avós instalada na planta 0 do museo. Estiveron acompañados polos seus coidadores e coidadoras e guiados polo asesor Emilio Castro.