O CPR  Nª Sª Carmen de Fisterra no MUPEGA
Un grupo de estudantes de 1º e 3º de ESO do centro fisterrá acudiu ao Museo Pedagóxico de Galicia para coñecer de primeira man a historia da educación en Galicia a través dos súas manifestacións máis sobranceiras materiais e inmateriais.

Aquí vemos ao alumnado co seu profesorado pouco antes de comezar a súa visita ás portas do MUPEGA. Esperamos que esa satisfación que reflicten as súas facianas sexa un anticipo de  futuras visitas ao noso centro.