O CEIP Pío XII de Santiago no MUPEGA
O CEIP Pío XII de Santiago no MUPEGA
Un numeroso grupo de estudantes de 2º de EP do centro compostelán acudiron ao noso museo para disfrutar dunha completa mañá de actividades arredor da escola dos avós e dos xogos tradicionais.

O alumnado participou nunha visita guiada polo máis sobranceiro da nosa exposición e alternou cunha sesión de xogos tradicionais no noso patio de recreo. Aquí aparecen emocionados pouco antes de entrar e logo disfrutando no patio de recreo.