A Escola Secundária D. Afonso Sanches - Vila do Conde (Portugal) no MUPEGA
Un amplo número de estudantes do centro portugués pasou polas nosas dependencias na tarde do día 28 de marzo dentro do seu programa de viaxe fin de curso, que os leva por varias cidades galegas.

Os estudantes do país irmán coñeceron as distintas dependencias do noso museo despertando neles unha gran curiosidade, que se fixo máis patente no seu paso polo núcleo museográfico dedicado ás escolas de indianos que, tanta relación manteñen coa súas escolas de brasileiros, das que teñen no norte do seu país notables exemplos.