Aquí vemos os participantes á espera dos seus premios.
No día de onte, 13 de abril, o salón de actos do MUPEGA acolleu a entrega dos premios ao alumnado de 3º e 4º de ESO dos centros de Galicia que resultaron gañadores desta nova edición do orixinal e internacional encontro de xoves que, demostran as súas capacidades matemáticas resolvendo os exercicios que se lles plantexan, en perfecto e coordinado equipo. Os finalistas acudirán á cidade francesa de Toulouse para participar na final europea. Noraboa a todos e todas.