O IES Xoán Montes de Lugo no MUPEGA
Un animado e numeroso grupo de estudantes da instituto lucense co seu profesorado pasou polas dependencias do Museo Pedagóxico de Galicia, nun día de visita cultural á cidade do Apóstol.

Un grupo numeroso de alumnos e alumnas do IES Xoán Montes de Lugo, visitou as instalacións do MUPEGA disfrutando coa reprodución das aulas históricas e recreandose cos xoguetes de antano presentes tanto no vestíbulo coma na primeira planta do noso centro.

Aquí vemos ao grupo detidos diante do rico fondo patrimonial dos institutos históricos de Galicia reunidos nun núcleo museográfico denominado Rede Mupega.