Alumnado de 1º curso do Grao de Ed. Primaria da UDC no MUPEGA
Unha ampla representación de futuros docentes da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña co seu profesor X.M. Malheiro ao fronte visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia.


Un amplo e animado grupo de estudantes de Maxisterio da UDC coñeceron de primeira man as instalacións do MUPEGA, descubrindo o patrimonio escolar que nel se acubilla repartido polos distintos espazos museográficos e que representan un potente recurso didáctico para comprender mellor a evolución da educación en Galicia.