Acto da Campaña Mundial pola Educación no MUPEGA
A aula de indianos acolleu esta mañanciña un emotivo acto presidido polo Conselleiro de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria e con asistencia dunha selecta representación escolar. O lema desta edición está centrado na reinvindicación da educación temperá naqueles lugares do mundo onde aínda non é posible.

O alumnado presente e pertencente a varios centros composteláns relatou con voz forte e clara aqueles aspectos relacionados con esa trascendente etapa educativa, dende as lembranzas daqueles e daquelas que non tiveron acceso a ela ata os recordos doutros afortunados que sí tiveron unha educación infantil institucional.


Representantes das aulas da 3ª idade, da USC, dos CEIP López Ferreiro, e dos IES Eduardo Pondal e Xelmírez I, contribuíron ao realce deste acto central desta Semana de Acción Mundial pola Educación.