O CPI Virxe dos Remedios  de Castro Caldelas no MUPEGA
Un simpático grupo de estudantes de 2º de ESO do CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas visitou por primeira vez o MUPEGA. Os caldelaos e caldelás disfrutaron coas recreacións das aulas antigas e participaron das explicacións que se lle ofreceron dun xeito correcto, ordenado e interesante. O resto da súa xornada de lecer íano completar percorrendo as rúas compostelás e visitando a Cidade da Cultura.

Aquí vemos ao grupo ourensán detidos na instantánea fotográfica no núcleo museográfico dedicado ás escolas da emigración. onde descubriron o labor xeneroso dos nosos antepasados e alegraronse de ver a imaxe do seu veciño Ancoechea que deixou a súa pegada na próxima Trives.