O CPR Lestonac de Caranza (Ferrol) de visita no MUPEGA
Alegres e xoves ferroláns e ferrolás visitaron este xoves á mañanciña as instalacións do noso museo, descubrindo as características das escolas dos seus avoíños e coñecendo os xogos e xoguetes daqueles tempos. Prometeron voltar cando os seus estudos avancen e teñan outro día de lecer por terras compostelás.

Aquí aparecen coas súas mestres amosando a súa simpatía e ledicia por ter descuberto o noso museo.