Un nutrido grupo interxeneracional de Marín visita o MUPEGA
Organizada pola ANPA do CEIP de Ardán (Marín) achegouse ata o noso museo unha ampla representación familiar daquel centro. Alumnado, pais e avós compartiron coñecementos, experiencias e ledicias nesta mañá primaveral do último sábado de abril.

Os avós e avoas serviron de guías aos seus netos, os máis pequerrechos xogaron na Ludoteca e os maiores lembraron o seu paso pola escola visitando as aulas históricas.