Alumnado do CPR Divino Maestro. Compostela
Alumnado do CPR Divino Maestro. Compostela
Arredor dun cento de nenos e nenas dos cursos 1º e 2º de Educación Primaria do centro compostelán visitaron esta mañá as instalacións do MUPEGA. Estrearon a nova exposición temporal dedicada ás láminas educativas.

Aquí vemos aos distintos grupos polos diferentes itinerarios do museo, acompañados en todo momento polas súas profesoras e guiados polos asesores do MUPEGA.


Pasaron unha mañá divertida, entretida e instrutiva, por canto descubriron como era a educación noutros tempos e como era o tempo de lecer dos seus antepasados.