O CEIP Praia de Quenxa de Corcubión visita o MUPEGA
Arredor de sesenta visitantes entre alumnado e profesorado do colexio corcubionés achegouse ao noso museo este xoves 6 de xuño. Dende 1º curso ata 6º de Primaria o alumnado disfrutou ao máximo da oferta museística e lúdica que ofrece o MUPEGA, acompañados e guiados en todo momento pola asesora Beatriz Seco. Aqui vemos ao grupo posando na porta do museo cos seus agasallos e coa cara de cansanzo despois de tres horas de visita.