Asociación nacional para la defensa del patrimonio de los Institutos históricos
Destacados membros da Xunta Directiva da Asociación nacional para la defensa del patrimonio de los Institutos históricos (ANDPIH), tamén chamada Asociación de Institutos Históricos de España, visitaron o MUPEGA nesta mañá chuviosa con que nos recibe o mes de xuño. D. Luis Castellón Serrano e D. Antonio Prado Gómez, presidente e tesoreiro respectivamente da devandita Asociación gabaron en xeral a exposición permanente do museo, deténdose especialmente na temporal dedicada á pedagoxía intuitiva e as láminas pedagóxicas, onde quixeron fotografarse para manifestar así os seus parabéns aos organizadores da mesma. Pertencen, entre outros, a esta Asociación os institutos: • Instituto Padre Suárez, de Granada. • IES Brianda de Mendoza, de Guadalajara. • IES Lucus Augusti, de Lugo. • IES Aguilar y Eslava y Fundación Aguilar y Eslava, de Cabra (Córdoba) • IES Cardenal López de Mendoza, de Burgos; • IES Domínguez Ortiz, de • IES San Isidoro, de Sevilla • IES Arcebispo Xelmirez I, de Santiago de Compostela • IES Zorrilla, de Valladolid.