Maiores do concello de Cesuras visitan o Mupega
Unha trintena de persoas maiores do concello de Cesuras pasaron unha tarde diferente e entretida lembrando os seus anos de infancia ao longo dunha amena visita ás instalacións do MUPEGA, guiados en todo momento pola asesora do mesmo, Beatriz Seco. Formaban parte dun programa da concellería de Benestar daquel concello denominado "Envellecemento Activo"