O IES Salvador de Madariaga no MUPEGA
Unha ampla representación do alumnado matriculado en todos os cursos da etapa de ensinanza secundaria obrigatoria do instituto coruñés pasou polo MUPEGA para coñecer de preto as diferentes salas do mesmo. Como centro integrante da REDE MUPEGA que é, poideron apreciar a destacada presenza que ten o seu patrimonio escolar no noso museo.