O C.A.D. de Pobra no MUPEGA.
Un simpático grupo de usuarios do Centro de Atención ao Discapacitado de Pobra do Caramiñal, acompañados pola súa técnica Rosana e un voluntario, fixeron unha longa e entretida visita ás instalacións do noso museo, nesta mañá de calor sofocante na cidade compostelá coma no resto do país.