FEAFES Santiago no MUPEGA
A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia que é unha entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995 e que actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade galega, visitou con un grupo da súa sección compostelá as dependencias do noso museo, revivindo e lembrando o pasado da escola en Galicia e da súa nenez en particular. Agardamos volver a ver outros usuarios e usuarias por este centro onde se garda con mimo a memoria da nosa infancia, da nosa escola.