TAREFAS



  1. Reunir, catalogar e poñer a disposición dos investigadores e estudosos os fondos documentais xerados arredor da educación ao longo da historia de Galicia.

  2. Recompilar e conservar os testemuños dos ámbitos temáticos da súa incumbencia.

  3. Constituír unha biblioteca e unha hemeroteca especializadas na educación e na pedagoxía en Galicia.

  4. Crear unha ludoteca á que se incorporen principalmente os xoguetes autóctonos e os xogos propios de Galicia.

  5. Elaborar as bases de datos que se propoñan para os fins do Museo.

  6. Asistir e asesorar a todas as persoas e institucións interesadas na consulta dos seus fondos.

  7. Establecer unha mediateca educativa.