Tastarabás de Antón Cortizas

O próximo MERCORES 29 ás 19:00h, no salón de actos do MUPEGA, o profesor e escritor ferrolán Antón Cortizas presentará a súa enciclopedia sobre os xogos tradicionais magnificamente editada por Xerais que ten ese título tan suxerente e musical como é "Tastarabás".
O MUPEGA integrou esta actividade dentro da súa programación especial con motivo do Día Internacional dos Museos celebrado o pasado 18 de maio.
O Museo Pedagóxico de Galicia mantén dende o seu momento auroral un firme compromiso coa recuperación e posta en valor do xogo e xoguete tradicional galego, polo que entendíamos que este lugar era moi acaído para que o noso amigo e colaborador explicara aos asistentes que se queiran achegar as vicisitudes da súa gran obra.