Desde Outubro á Xaneiro o MUPEGA acollerá unha exposición creada pola Revista PEONZA, onde aparecen elementos da literatura e o mundo das ilustracións xogando co baile das  buxainas.


Esta exposición creouse para conmemorar os XXV anos de vida da revista PEONZA (Revista de Literatura Infantil e Xuvenil) . Nós, quixemos completala cunha colección de peóns do MUPEGA (na súa maioría doadas polo mestre Luís Ramas),  e dar a coñecer a traxectoria, que desde hai tempo, leva a buxaina nos xogos dos nenos e nenas de Galicia.

Podemos atopar 25 peóns: buxainas, trompas, bailaretes, perinolas, besbellas... de Galicia e de outras partes do mundo (Europa, Asía, América).  Simultaneamente atopamos a exposición da revista PEONZA que ten como fío condutor a buxaina. É unha recompilación de 82 textos literarios protagonizados polo peón, acompañados cada un de unha ilustración.

Cada un dos ilustradores achegouse ao texto co seu propio punto de vista, caracterizado por un estilo, unha técnica e unha lectura persoal (á fin e ao cabo, o ilustrador é un lector que nos ofrece unha nova mirada que reflicte, completa ou amplía a do escritor). O conxunto permite advertir a pluralidade de linguaxes plásticas das obras expostas, unha evidencia da gran calidade e variedade da ilustración española actual.

Ademáis  dase a coñecer unha ampla mostra de libros coidadosamente seleccionados entre os miles de títulos que configuran o panorama da edición infantil, con arranxo a criterios de calidade, variedade de xéneros, temas e idades dos seus destinatarios.

Nas visitas escolares trataremos de que os escolares poidan diferenciar unhas de outras, e que eles mesmos saiban elaborar unha con elementos de refugallo. Tamén queremos que sexan conscientes da importancia das ilustracións dos textos literarios, como un elemento do mesmo. Obras que depende da visión e a interpretación do ilustrador. Para iso, nas visitas escolares están diseñados diferentes obradoiros según as idades do alumnado. Ademáis hai unha serie de actividades para hacer na aula. 

EXPOSICIÓN TEMPORAL: "O Espazo Máxico" 25 anos da revista PEONZA.

Este trimestre, de outubro a xaneiro, estará con nós a Exposición Temporal "O Espazo Máxico" 25 anos da revista PEONZA.

Para ter máis información fai click aquí . Ademáis diseñamos actividades específicas para o aula según as idades dos alumnos/as. Podes descargalas en cada nivel educativo: Infantil1º e 2º de EP3º e 4º de EP, 5º e 6º de EPrimaria Secundaria.

O MUPEGA quere facer expreso o seu agradecemento á Revista PEONZA, por proporcionarnos a mostra.

 

 

Imaxe: 
O espazo Máxico. 25 anos da Revista Peonza