Día Internacional dos Museos 2016 .Programación MUPEGA

 

Día Internacional dos Museos 2016

Programación MUPEGA

 

O 18 de maio celébrase o Dia Internacional dos Museos, DIM. A rede do ICOM elixe cada ano un tema para o DIM, o obxectivo é compartir as preocupacións da comunidade museística coa sociedade. Este ano o evento virará en torno ao tema: Museos e Paisaxes Culturais.

O tema “Museos e Paisaxes Culturais”  pon de manifesto a responsabilidade dos museos coa paisaxe do que forman parte, ao cal poden contribuír aportando os seus coñecementos e competencias propias, sendo protagonistas activos da súa xestión e bo mantemento.

Resaltar o lazo existente entre os museos e o patrimonio cultural é facer xurdir a idea de que os museos tamén funcionan como centro territorial nunha protección activa da paisaxe cultural.

O MUPEGA asume a súa rol de centro de interpretación do patrimonio pedagóxico e educativo de Galicia, promovendo así o seu coñecemento e sensibilizando aos seus habitantes e aos que o visitan nos seus valores constitutivos, e solicitándolles da súa intervención para a conservación e difusión.

Ademáis da Programación do MUPEGA para a celebración do DIM 2016, o museo colabora activamente no DIM´Compostela xunto cos demáis museos da cidade.

A temporalización destas actividades será desde o 13 ó 28 de maio. Sendo o día 18 o Día Internacional dos Museos onde se realizará a actividade en conxunto co colectivo DIM´Compostela.

O horario do museo é de martes a sábado de 10-14h e de 16-20h.

 

Actividades DIM 2016

 

1.     Xornadas de Portas abertas

Para todo o público/familias

Non necesita inscrición. Todos os días

O museo abrirá as súas portas ós visitantes que desexen coñecer polo miúdo os recunchos onde se agochan a historia da escola galega, e poderán comprobar o seu cambio, e polo tanto o cambio das paisaxes culturais de Galicia.

Os asesores do museos acompañarán aquelas visitas en grupo que o demanden, previa cita online http://www.edu.xunta.es/mupega/formulario

 

2.      O Mundo nas mans: Cartografía Escolar dos séculos XIX e XX.

Para todo o público/familias

Non necesita inscrición. Todos os días

 Enténdese por paisaxe cultural o resultado da acción do desenvolvemento de actividades humanas nun territorio concreto, é dicir aquel que se caracteriza porque interveu o home mediante a construción de pobos, cidades, estradas, pontes, etc.

Por iso o relacionalo coa Cartografía é esencial. A cartografía é un elemento insubstituíble para referenciar feitos e ver o territorio en relación co que sucede sobre el,ao longo do tempo con maior ou menor continuidade e intensidade, agrupándose en feitos: naturais e os que se deben á acción do home. Fenómenos e procesos caracterizaron a condición cambiante do soporte xeográfico e chegaron a alterar o seu morfoloxía de modo substancial ata facelo irrecoñecible como tamén constatan as fontes escritas.

Nesta Exposición Temporal, o visitante poderá comprobar como foi cambiando o mundo da cartografía, e polo tanto as paisaxes culturais ao longo dos últimos 200 anos.


3.      Roteiro polo museo, para comprobar as transformacións das paisaxes culturais das Escolas de Galicia.

Para todo o público/familias

Non necesita inscrición. Todos os días

 Proposta de percorrido,para visitas individuais,  pola historia da educación a través da colección permanente do MUPEGA, onde descifrando códigos QR  (6 paradas polo roteiro), poderán comprobar a transformación das paisaxes polas accións do home.

 

 

4.      Actividade en Familia: Atopa as Pezas misteriosas

Para todo o público/familias

Non necesita inscrición. Todos os días

Proposta de actividade, lúdica e familiar, para nenos/as de 4 a 12 anos que, con axuda dos adultos, os máis cativos/as, teñen que convertirse en detectives e atopar as pezas escondidas espalladas polo museo. Tendrán axudas dos noso amigo "Escoliño" e a súa irmán "Escoliña" que lles darán unhas pistas para atopar as pezas misteriosas.

 

5.      Exposición de Fotografía “ As  Paisaxes Culturais da Educación en Galicia” 

Para todo o público/familias

Non necesita inscrición. Todos os días 

O MUPEGA, mostra una escolma de fotografías onde pódese apreciar diferentes Paisaxes Culturais relacionados coa educación. Desde escolas baixo a construción de estilos Indianos a escolas  decadentes que dominaron a paisaxe cultural de Galicia na primeira metade do s.XX.


Agardámosvos!!!!