Alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo
Un simpático grupo de 1º curso de ESO do IES San Rosendo de Mondoñedo disfrutou na tarde de onte dunha visita guiada ao Museo Pedagóxico de Galicia.
Acompañado polo seu profesorado, recrearon a escola dos seus pais e avós, sendo o broche que pechou un día cheo de interesantes actividades realizadas durante a súa visita a Compostela.