Alumnado do IES As Ínsuas de Muros
O pasado día 17 de xaneiro o Mupega contou entre os seus visitantes cunha boa representación de alumnos e alumnas do IES As Ínsuas, de Muros.
Da man do persoal do Museo Pedagóxico de Galicia coñeceron os diversos espazos expositivos que conforman a colección permanente do mesmo, e desfrutaron coñecendo como eran as aulas dos seus avós e os seus pais.