IES de Porto do Son
O pasado día 20 de xaneiro un nutrido grupo procedente do IES de Porto do Son compartiu co persoal técnico do Museo Pedagóxico de Galicia, un tempo de lecer polos corredores do museo.
Nel tiveron a oportunidade de ter contacto coa escola de onte, e así aprender como era no pasado unha etapa tan importante na vida das persoas como é o período escolar.
As valoracións ao final da visita foron moi positivas, polo que esperamos velos de novo moi cedo.