O CEIP Pedrouzos no Museo Pedagóxico de Galicia
Na mañá de onte, día 25 de xaneiro, un grupo de simpáticas nenas e nenos do CEIP Pedrouzos combatiron o frío cunha amena visita ao Mupega.
Nel coñeceron como eran as escolas dos seus bisavós e avós, e como eran os xogos e xoguetes cos que pasaban o tempo, tanto queles feitos a man coma outros, os menos, que podían caer nas súas mans por compra ou regalo.
Foron moi participativos, e mesmo fixeron disfrutar aos técnicos do museo coas súas achegas e comunicacións. Esperámolos ver de novo moi cedo.