Colexio Nosa Señora dos Remedios
Un grupo de valentes nenas e nenos de 4º curso de Primaria do Colexio Nosa Señora dos Remedios deixaron o seu centro por unhas horas, malia o forte temporal do día 3 de febreiro, para coñecer o Mupega.
Nel tiveron a oportunidade de poñerse en contacto coa escola de onte, a través das acividades propostas polo persoal do museo. A experiencia resultou moi positiva. Esperamos velas de novo moi cedo.