Alumnado de Educación Infantil do CPI de Zas
Un simpático grupo de Educación Infantil do CEIP de Zas, acompañado polas súas profesoras, pasou unha divertida mañá no Museo Pedagóxico de Galicia.
Co persoal técnico do Mupega tiveron a oportunidade de comprobar, a través dos seus sentidos, como eran os obxectos empregados nas escolas e nos momentos de lecer polas nenas e os nenos de onte. Mesmo crearon os seus propios xoguetes.
Foi unha bonita experiencia da que esperamos que garden un bo e perdurable recordo.