CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia
Na mañá do día 8 de febreiro, dous grupos de Educación Infantil do CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso da vila de Noia pasaron unha animada sesión no Museo Pedagóxico de Galicia.
Acompañadas polo persoal técnico do Mupega, as pequenas alumnas e alumnos deste centro participaron nas actividades propostas, das que disfrutaron moito.