Cartaz do contacontos polo Día Internacional da Muller
O venres 10 de marzo ás 18.00h conmemoraremos no Mupega o Día Internacional da Muller cun contacontos e obradoiro de xogo. Invitamos a todas e a todos a compartir connosco este día.
A actividade, de balde, está deseñada para nenas e nenos de 4 a 9 anos.
Número total de prazas: 20