Alumnado e profesorado do CEIP Esteiro de Ferrol
Na mañá do pasado xoves 23 de marzo, un animado grupo de nenas e nenos de 3º 3 4º cursos de Educación Primaria, acompañado polo seu profesorado, visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia.
Nel tiveron a oportunidade de coñecer dun xeito práctico e participativo como eran as escolas do pasado e como xogaba a infancia do pasado século.