Visita do CEIP A Solaina de Narón ao Museo Pedagóxico de Galicia
Onte, martes 28 de marzo, o Mupega abriu as súas portas a un grupo de 4º curso de Educación Primaria co CEIP A Solaina, da vila de Narón.
Este simpático grupo estivo acompañado polo persoal técnico do Museo Pedagóico de Galicia, que o levou de maneira divertida e participativa a un pasado onde a escola e o tempo libre eran ben distintos aos de hoxe.