Cartaz do obradoiro "Ao redor do mundo"
Continuando cos Obradoiros de Contacontos e coeducación, dende o MUPEGA desenvolveremos o vindeiro venres 31 de Marzo ás 18 horas un obradoiro no que traballaremos en clave de diversidade.
En conmemoración do Día Internacional pola Eliminación da Discriminación Racial (21 de Marzo), e co título de "Ao redor do mundo", abordaremos dun xeito lúdico cuestións como a diversidade cultural, o respecto e a non discriminación.
A actividade está orientada a nenas e nenos de 4 a 9 anos. A súa duración será de 1h e 20 minutos, aproximadamente.
Numero máximo de prazas: 20
Inscrición por correo electrónico enviando o nome, apelidos e idade da nena ou neno: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es (Data límite de inscrición o xoves 30 ata as 23,59 hs)
O MUPEGA lembra que a inscrición, polo feito de ser gratuíta, leva aparellado o compromiso de asistencia, para que todas as nenas e nenos participantes poidan disfrutar dunha experiencia óptima. No caso de non poder asistir unha vez inscritas/os, rogamos encarecidamente que se dea aviso coa suficiente antelación, por correo electrónico ou por teléfono, polo ben de todas e todos.