Centro de Formación Permanente Fonseca
Un nutrido grupo de persoas do Centro de Formación Permanente Fonseca visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia o pasado venres, 26 de maio.
Acompañadas polo persoal técnico do museo, poideron percorrer a colección visitable do mesmo, coñecendo desde as achegas que fixeron os emigrantes no ámbito educativo, pasando polas escolas de ferrado, ata a evolución do sistema educativo desde mediados do século XIX ata a escola da EXB.
Resultou ser unha experiencia moi positiva, que esperamos se vexa repetida moi cedo.