Cartaz dos obradoiros de verán
Os días 4, 5 e 6 de xullo, o Museo Pedagóxico de Galicia levará a cabo os seus Obradoiros de Verán: unha actividade didáctica continuada, pensada para nenas e nenos de 4 a 9 anos que se desenvolverá polas mañás de 11h. a 13h. Nela realizaremos obradoiros de xogos cooperativos, de expresión artística e xogos de letras.
A inscripción debe ser realizada polo pai/nai ou tutor de cada neno/nena. Nº de prazas: 20
Forma de Inscrición: a través do correo electrónico co Nome, Apelidos e Idade da nena ou neno a museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es Data límite: Xoves 22 de Xuño ás 23.59h