Grupo do Club Triatlón de Santiago
Un simpático grupo de rapaces e rapazas de sete anos pertencentes ao Club Triatlón Santiago pasaron no día de hoxe unha animada mañá no Museo Pedagóxico de Galicia.
Acompañados polo persoal do museo, levaron a cabo unha serie de divertidas actividades coas que, ademais de pasar un rato moi agradable, se achegaron á realidade da escola e da infancia de xeracións anteriores.
A experiencia foi moi positiva, e estamos desexando que volten moi cedo.