Grupo de primeiro grao de Pedagoxía
Grupo de segundo grao de Educación Social
Onte, 26 de setembro, visitáronnos dous numerosos grupos de alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias da Educación, acompañados polo seu profesor Vicente Peña Saavedra, moi vinculado ao MUPEGA.
Ámbolos dous grupos, un de 1º curso do Grao de Pedagoxía e o outro de 2º curso do Grao de Educación Social, visitaron a exposición permanente guiados polo persoal do museo.
Os futuros educadores e educadoras tomaron boa nota dos diferentes tipos de espazos educativos recreados no museo.