Grupo de 1º e 2º de primaria.
Grupo de 3º e 4º de primaria.
Hoxe tivemos a visita no museo dun numeroso e encantador grupo de nenos e nenas de varios cursos de primaria do CEIP Plurilingüe Pumar-Urdilde.
Acompañados polo persoal do museo,percorreron a exposición temporal "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX" e realizaron diversas e divertidas actividades relacionadas cos mapas e outras interesantes pezas empregadas no estudo e ensino da xeografía.
A experiencia foi fantástica. Esperamos telos pronto de volta.