alumnado CEIP de Roxos
alumnado CEIP de Roxos
Hoxe contamos coa visita dun nutrido grupo de simpáticos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do colexio santiagués de Roxos.
Durante a visita a exposición temporal "O mundo nas mans" amosáronse en todo momento atentos e participativos especialmente cando chegou a hora do xogo de pistas.
Foi un día moi divertido. Esperamos voltalos ver no Mupega.